martes, 30 de mayo de 2017

Método experimental de da Vinci. O cabalo de Francesco Sforza

 Nin sequera o grande artista e enxeñeiro Leonardo pode con todo, fracasos coma os do seu prototipo de carro de guerra, demasiado pesado para poder funcionar, ou as súas máquinas voadoras son paradigmas coñecidos por todos, probablemente superables se o noso maior enxeñeiro contase polo menos con materiais mais resistentes e fontes de enerxia fiables. Pero deixando a un lado os proxectos de enxeñería que sería necesario recoñecer noutra parte hai na historia vital de Leonardo un grande fracaso na arte, a estatua equestre que proxectaba para conmemorar a figura de Franceso Sforza por mandato do seu fillo Ludovico el Moro.
Tratabase do proxecto dunha obra en bronce da que se tiña feito o modelo en xeso, ata que a destrucció deste por parte dos franceses deoixounos só un par de bocetos que non é seguro que pertenceran a este proxecto.
O que é seguro é que non se trataba dunha obra que seguira a tradición imposta polos escultores anteriores, as proporcións coidadosamente estudadas por Leonardo e o seu intento por facer parecer natura ó cabalo, por otorgarlle unha movilidade que parecía negada ata o de agora faríalle pensar noutras formas de representalo. O que xeraba problemas de carácter técnico, no papel non aparecen as forzas que van querer derrubar un cabalo fundido en bronce. Pasaráse anos reflexionando ata que o bronce precisouse para guerrear e quedou sen materia prima, volvía entón á pintura.

Parece que a maioría dos problemas ós que se enfrontou Leonardo, coma o do cabalo, poderíanse solucionar cuns coñecementos de física que aínda estaban por atoparse e probarse. Pero despois penso na arquitectura de Calatrava e pregúntome se intentaría forzar ó límite os coñecementos como para que a escultura que puidera facer con estes coñecementos colapsase.

A pintura en Leonardo I

Chegados a este apartado, é momento de abordar a Leonardo da Vinci dende o eido dos seus debuxos e pintura.

            Esta primeira aproximación dase a partir do escrito por Tatarkiewicz en History of Aesthetics. Volume 3. Modern Aesthetics. E inicio este apartado cunha cita que considero moi ilustrativa, mais á que considero que é necesario facer certa crítica, de cara a percibir moito mellor as aristas do pintor que estamos a traballar.

Wladyslaw Tatarkiewicz

            Deste xeito, cómpre comezar indicando que Leonardo consideraba a pintura como a forma máis elevada da arte. The objective of art is the cognition of the visible world[1]. Así se indica ao respecto de da Vinci neste volume e resulta un fragmento idóneo para a apertura do contido que estamos a presentar. É idóneo porque resulta unha sentencia lapidaria ao respecto da apreciación da arte. Ben sei que este apartado está dedicado, precisamente, ao debuxo e á pintura, a formas da arte de carácter visual, mais isto non quita que non  poidamos indicar problemas ao respecto de determinadas aseveracións.

            Está claro que Leonardo da Vinci destacou enormemente en moitos ámbitos, e no da pintura non foi menos, sobre todo para o tempo no que viviu, mais aseverar o indicado na cita superior é ir un paso máis alá. Non sei ata que punto se debe estar de acordo con esa cita. Pódese abordar, entón, con dous tipos de ollos, ollos que o vexan dende o momento histórico no que viviu Leonardo, e a nosa mirada  actual. Está claro que, de cara os tempos nos que viviu o pintor que estamos a tratar, a aseveración non resulta tan grave. É máis, resulta digna de consideración, debido ao novo enfoque que conseguiu dar á pintura. Porén, aseverar algo como o indicado nos nosos días é algo de carácter, canto mínimo, incómodo.

            Ben sei a gran variedade de sensacións e de impresión que pode causar a pintura. Porén, iso implica un suxeito que sexa quen de apreciala. E non todxs podemos facer tal cousa, por múltiples motivos, sendo o primeiro, de carácter fisiolóxico: non todos posuímos vista. Dese xeito, considero pouco apropiado priorizar unas artes sobre outras; implicarían determinar un canon de suxeito para a súa apreciación, algo complexo e discriminatorio.




[1] TATARKIEWICZ, Wladyslaw, History of Aesthetics. Volume 3. Modern Aesthetics, England, Thoemmes Press, 1974, p. 127.

A pintura en Leonardo II

Na entrada anterior púidose observar o carácter prioritario da pintura e do debuxo para Leonardo da Vinci. Empregaremos esta entrada, de novo da man de Tatarkiewicz, para amosar de forma máis precisa o por que desta aseveración por parte do autor que nos ocupa.

A comparación faise con tres disciplinas artísticas. O primeiro é o caso da poesía, o segundo da música e, finalmente, o terceiro da escultura. Así pois, aquí quedan todas reflexadas a partir de fragmentos de Tatarkiewicz.

Painting stands higher tan poetry because: 1. it has a wider scope: it is the only art which imitates all visible things, even those for which poetry lacks words; 2. it represents things through pictures, not words, and a word is to a picture as a shadow to a real body; 3. it represents things with a greater truth than poetry, for words are conventional; 4. it represents nature, the work of God, not human inventions as poetry does; 5. it uses the most noble and reliable of the senses, the eye, whereas poetry uses one less deserving of confidence, the ear; 6. it is based on knowledge, specially optical knowledge, and moreover, greatly expands this knowledge; 7. painting cannot be copied, as is done with some literary works, where the copy is just as valuable as the original; “the uniqueness” of painting makes it more glorious than the other arts; 8. it is more accessible to people than poetry, requires less commentary; 9. its impact is more immediate; 10. it interests and attracts people, whereas poetic descriptions often bore and fatigue them; 11. it contains harmony like the harmony of music; 12. it has the advantage that it presents its entire content at once, whereas poetry does so in stages and needs time for this.” - TATARKIEWICZ, Wladyslaw, History of Aesthetics. Volume 3. Modern Aesthetics, England, Thoemmes Press, 1974, p. 128-129.

                Leonardo non queda aí, senón que tamén equipara a pintura a outras artes, como son a música e a escultura. Dá razóns ao respecto dunha e doutra:

            Painting stands higher tan music for the same reasons it stands higher tan poetry (it adresses a higher sense, etc.) and also because: 1. painting endures, while music dies immediately after performance; 2. it has a wider scope and embraces everything, the università e varietà di cose, depicting things which are in nature as well as others which are not.” - TATARKIEWICZ, Wladyslaw, History of Aesthetics. Volume 3. Modern Aesthetics, England, Thoemmes Press, 1974, p. 129.

                Finalmente, dá a súa vision da pintura con respecto da escultura:


            Finally, painting stands higher tan sculpture because: 1. it is a more intellectual art and requires less physical exertion than sculpture; 2. it represents a higher degree of knowledge: sculpture does not require the mental effort and deliberation, which is peculiar to this knowledge, and is necessary in order to represent space on a flat surface; 3. it has wider tasks; of the ten functions of the eye (light, shade, colour, body, form, position, distance, nearness, movement and rest) seven are realized  in painting, but only five in sculpture (…); 4. the scope of sculpture is more limited; for example, one cannot represent things like transparent and luminous bodies; 5. painting creates a miracle (miraviglia), giving the illusion of space, shadows and perspective, whereas the sculptor simply makes things as they are; 6. painting is more difficult than sculpture because it depicts things that are distant and intangible; 7. it is richer because sculpture does not use colours; 8. it is more independent because sculpture makes figures which are already potentially contained in marble; shadows are placed on the sculpture by nature, not by the sculptor; and similarly, nature dictates the proportions of the sculpture; 9. painting is more diverse because it can represent bodies form various angles, whereas sculpture has only two possible aspects, from the front or from the back.” - TATARKIEWICZ, Wladyslaw, History of Aesthetics. Volume 3. Modern Aesthetics, England, Thoemmes Press, 1974, p. 129.



O debuxo en Leonardo I

Tras as consideracións introdutorias da man de Tatarkiewicz, remítome agora ao que se pode extraer do propio Tratado de pintura de Leonardo da Vinci.

            O Tratado de pintura é un volumen de carácter teórico. No correspondente á pintura indica, paso a paso, cuestións que o propio Leonardo considera de vital importancia de cara o desempeño de dita labor artística.


            Primeiramente fai unha digresión sobre as sombras e a luz e sobre como interactúan unhas cas outras, así como cos obxectos. Aquí traemos algúns dos aspectos que plasma máis relevantes ou curiosos, e intentamos relacionalos con exemplos de obras súas.

Para Leonardo, as sombras eran de tremenda importancia. Os argumentos que dá teñen sentido; os corpos adquiren volumen en función dunhas sombras e luces determinadas. E un dato curioso é que distingue varios tipos de luz, concretamente fala “De los tres géneros que iluminan cuerpos opacos[1].

            Temos así o caso da luz particular (“(…) así el sol o alguna otra luz de ventana o de fuego (…)”[2]), o caso da luz universal (“(…) tal como ocurre los días nubosos o con niebla y cosas tales (…)[3] ) e a luz composta (“ (…) cuando al alba o al ocaso el sol está oculto bajo el horizonte.[4]).
            Leonardo dedica distintos apartados a indicar, de forma teórica e valéndose de esquemas, como se comportan a luz e as sombras e como interactúan entre elas e cos corpos. Así establece os cimentos do que destaca máis ao respecto del: a pintura.

            Respecto dela ten que dicir, tamén. E neste caso xa afonda en certas consideracións ao respecto da cor:

            “Un objeto pintado en blanco o en negro parecerá de más afortunado relieve que ningún otro. Mas te recuerdo, pintor, que vistas tus figuras de los colores más claros que puedas, porque si las pintas de color oscuro serán de poco relieve y evidencia desde lejos. La razón es que las sombras de todas las cosas son oscuras. Y si tú pintas una veste oscura, poca variedad tendrá de luces y sombras, en tanto que si la pintas de colores, grande será su variedad.[5]

Esta é unha copia da Gioconda, presumiblemente feita por un aprendiz de da Vinci que se atopa no Museo do Prado. Tróuxena a este punto da entrada porque axuda a ver o indicado na cita superior, sobre todo con respecto ao uso de cores claras e máis vivas. Máis adiante emprego a imaxe da Gioconda orixinal, para evidenciar o uso de sombras na lonxanía, na que se poderá comprobar a tese de Leonardo ao respecto das cores mási escuras e da súa relación coas sombras.


            E resulta curioso que incluso hai anotacións ao respecto de opinións alleas en relación á pintura que o propio Leonardo rebate:

            “ADVERSARIO

            Tanta es la variedad de colores en las sombras cuanta la variedad de colores de las cosas ensombrecidas.

            RESPUESTA

            Los colores emplazados entre sombras mostrarán entre sí tanta menor variedad cuanto más oscuras sean las sombras entre las que estén emplazados. Esto testimonian quienes desde las plazas miran más allá de las puertas de los templos sombríos, donde las pinturas, vestidas de varios colores, parecen todas vestidas de tienieblas.
            Conque resulta que, a una considerable distancia, las sombras de los distintos colores parecen todas de una misma oscuridad.
            En los cuerpos vestidos de luz y sombra, la cara iluminada descubre su verdadero color.[6]

            Analiza as cores tamén en función da súa proximidade ou lonxanía, constatando como variarían, e plasmándoo nas súas pinturas. Alude, por exemplo, á cor azul que porta o aire e  ao feito de que os bordes adoitan ser difusos canto máis lonxe se atopen:

            “De lejos, todos los contorno resultan indicernibles y en sombras, pues el cuerpo que no es alcanzado por la luz más intensa es incapaz de transmitir su imagen al ojo a través de un aire más luminoso que él mismo.”[7]

La virgen, el niño Jesús y santa Ana, Neste cadro pódese observar perfectamente o seu postulado ao respecto da cor azulada do aire que, neste caso, se dilúe pouco a pouco na distancia.


Ao respecto do cadro máis afamado de da Vinci, a Gioconda, podemos observar a súa tese respecto do difuso dos bordes na lonxanía.




[1] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p.166.
[2] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p.166.
[3] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p.166.
[4] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p.166.
[5] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p. 253.

[6] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p. 254.
[7] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p. 262.

O debuxo en Leonardo II

Tras a análise da importancia da pintura para Leonardo da Vinci, e da propia forma de proceder da figura que estamos a traballar á hora de pintar, é preciso dedicar unha poucas liñas ao feito de que Leonardo da Vinci non só daba consellos ao respecto da pintura, senón tamén a aqueles aprendices máis novos do oficio.

            De novo observamos o afán e de Leonardo polo uso apropiado das sombras:

            “Muchos son los hombres que tienen afán y amor por la pintura, mas no disposición. Esto observamos en los muchachos, que toda diligencia ignoran y nunca rematan con sombras sus dibujos.”[1]

            E vese tamén o rigor que mantiña Leonardo da Vinci á hora de proceder no eido da pintura. Aínda non era o momento de innovar das formas que coñecemos hoxe, e a pintura comezaba a se articular a si mesma da man deste pintor en cuestión.

            Non deixaba de dar consellos do tipo de pintar acompañado doutras persoas. Con que obxectivo? O de producir e aprender máis, ben tendo un nivel inferior ao dos pintores presentes, ben tendo un nivel superior.

            Tamén indicaba como iniciarse paulatinamente na disciplina da pintura. Asumindo a necesidade de imitar a outros mellores, primeiramente. Logo avanzando da forma correcta paso a paso, aprendendo perspectivas e logo minuciosidade ao respecto do que se quixese debuxar.



[1] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p. 351.

Aspectos conclusorios

Puidemos ir conformando, a través de distintos aspectos característicos do autor que nos ocupa, unha perspectiva xeral do que foi a súa figura e do que pode representar en relación a termos máis actuais.

            Queda claro que Leonardo da Vinci marcou un antes e un despois en moitos ámbitos e a súa pegada foi incrible; un exemplo a seguir que conformou e engrosou a cultura occidental.
           
            Resulta interesante como apenas hai material para analizalo dende un punto de vista estrictamente estético, mais si se pode indicar que asentou as bases teóricas para que se desenvolvera a arte de forma que, moitos anos máis tarde, xa se puidese observar dunha forma moito máis sagaz e crítica.
           

            Leonardo da Vinci foi o home do Renacemento e sen a súa figura é probable que hoxe non puidesemos falar dun Monet ou un Picasso.

Leonardo da Vinci