martes, 30 de mayo de 2017

O Renacemento encarnado. Por que da Vinci non ten un tratado de Estética?


Leonardo da Vinci é recoñecido como un xenial artista do Renacemento italiano, foi prolífico en canto a súa producción, deixando un legado de cadros, debuxos, deseños, etc.; pero o certo é que este autor tamén destacou polas numerosas obras que deixou escitas. Moitos dos seus textos conserváronse e compiláronse, algúns deles están referidos a visión estética do seu movemento histórico, aquilo que se relaciona coa beleza, coas costumes, coa vida común da súa época.
A influencia que tivo Leonardo no pensamento de século XVI é notoria, non so por todo o que estudou e como foi visto polos seus contemporáneos, senón tamén polas súas aportacións. Leonardo non propuxo unha teoría estética propiamente, pero sí estableceu unha serie de ideas en relación coa arte, a pintura e a beleza, que sen dúbida son referencia para o mundo occidental.
O seu concepto de arte baseábase principalmente no concepto empírico e no naturalismo. Ademais o autor concibe a arte unida coa ciencia, pois o seu principal interés era descubrir a natureza e averiguar cómo representala fielmente na pintura. Leonardo establece uns criterios de valor na arte, os cales son: a realidade, a fidelidade, a perfección e a dignidade do representado, a individualidade dos obxectos representados, a creatividade e accesibilidade da obra, todo isto eleva o valor da arte.
Porén o artista florentino pouco se cuestionaba o cando e o por qué a arte nos complace, posto que soamente se interesaba por captar os sucesos que se desenvolvian na natureza e a posibilidade de poder ser representados. Él introduce o encanto como un efecto que é realizado polas cousas, mentras que a beleza soamente é unha cualidade. Para Leonardo a beleza non era obxecto único da pintura, onde igual afirma que o belo como tal non sempre é bo e incluso esta ao ser buscada pode en certa maneira destruír outra, como a beleza que descansa no conxunto dunha obra. Ao pintar a un home, Leonardo establece que é imprescindible non soamente representar o seu corpo, senón tamén a súa alma.
Ademais disto, un dos principais aportes deste autor é o concepto da curiosidade. O autor ve os compoñentes das cousas, cómo está feito o ser humano e a natureza, para levar iso ás súas obras e ós seus textos. Entre os numerosos escritos de Leonardo, o máis relevante é o Tratado de pintura. Esta obra é unha colección de pensamentos e de notas extraídas dos seus manuscritos e compiladas póstumamente por un autor anónimo, seguramente discípulo de Leonardo. O Tratado de pintura compende novecentos corenta e catro epígrafes ou pequenos capítulos; a orde algo mecánica da materia débese ao compilador. A obra ábrese cunha discusión, sobre a preeminencia da pintura respecto das outras artes. Cabe dicir que a discusión sobre este tema, moi frecuente na literatura artística do século XVI, cérrase cunha exaltación da pintura, admirable sobre todas as cousas e concibida como ciencia fundada na experiencia, de cuxos principios se deriva o traballo manual do arista.
Porén, as súas ideas non estaban metódicamente desenvolvidas, senón que deixaba fluír os seus pensamentos, algo que está enfrontado co sistema racional co que logo se quixo investir aos seus plantexamentos durante o periodo da Ilustración europea.
Leonardo fai énfase na luz, no uso da iluminación, nos volumes e no brillo. O seu ideal é aquel que non é simplemente mimesis senón simulación. A arte é creación fantástica, e a súa vez creación de simulacros. Un dos aportes de Leonardo e da visión renacentista da estética é o que ten que ver coa simboloxía e a relación entre o real e as súas referencias semánticas. Hai unha visión heroica, e transládase as imaxes, as mesmas que queren representar e dicir cousas que van máis alá da simple representación. Igualmente, na época do Renacemento desenvolvese unha percepción estética ligada aos feitos sociais. Asimesmo a experiencia cotidiana do home común era a que influía na forma de ver e naturalmente de representar as cousas, que xustamente estaban cargadas de simbolismo, non esotéricos senón accesibles, con connotacións directas; Leonardo é un dos máis claros expoñentes disto. O autor pon o acento na que él considera a mellor das arte: a pintura. A distinción acerca dos medios e dos límites das artes é esgrimida por Leonardo, quizais dunha forma inxenuamente empírica e sofística, como proba de superioridade da súa arte predilecta. Así, a pintura vense a escultura porque, a diferenza desta, pode abarcar e comprende en sí mesma todas as cousas visibles, pese a dispoñer so dunha superficie plana, do relieve e da perspectiva. Tamén a música é irmá menor da pintura, porque morre no instante mesmo na que nace, mentras que o cadro permanece ao longo do tempo.

En xeral, na súa obra reflexa a inmensa e animada natureza, e multiplicando as súas formas, o pintor supera a súa propia condición e convírtese case nun Deus. O hálito divino que reside na arte do pintor fai que a súa intelixencia se transfigure nunha especie de “mente divina”. Leonardo enuncia algúns preceptos xerais da arte e da vida, como a necesidade para o pintor de ser universal, de seguir o seu propio impulso e non as formas dos demais, e de xulgar severamente a súa propia obra. Esta idea vai a modelar a percepción estética da Europa do século XVI e XVII, e esta non é máis que a idea que vai a caracterizar ao Renacemento italiano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario