Temos no noso pintor italiano un concepto de arte que se remonta ata
a antiga civilización grega. As artes estarían entón constituídas por un conxunto de
habilidades, destrezas, e artesanías nas que é posible atopar unha grande cantidade de actividades humanas moi diversas. Faise necesria unha
estructura, e os antigos xa tiñan unha xerarquía que englobaba
todas las artes e as reducía a dous polos, as Artes Mecánicas e as
Artes Liberais. Leonardo vai entender esta división ambivalente como
útil, e así a adoptará para si mesmo, aínda que fiel ó seu papel
de innovador vai a
introducir unha pequena modificación, o estatus da pintura, para él
a mellor das artes vaise ver cambiado, pasará de ser unha arte
mecánica a unha arte liberal.
Hai que ter en conta que o cambio de identidade ó que vai ser
sometida a pintura non a libera do seu papel de arte representativa.
A pintura debe ser en todo momento unha arte que conte coa propia
realidade e que a represente tal e como é. Aquí falamos de
introducir o concepto de Arte Creativo, a pintura será unha Arte
Creativa, suxeita ó mundo xa que nos atopamos con que a creación da
obra ten todo que ver coa realidade representada, o que ten de
creativa a pintura é a inxeniosidade que porá en xogo o artista
para conseguir ser o mais fiel posible o que ten diante. Con podese
alevar a Arte a unha categoría que o puña en relación con deuses,
a Arte é unha Creación humana.
O maior interese de Leonardo van ser polo tanto as artes
representativas, entre as que para el destaca a pintura. Isto débese
a súa posibilidade de facer presente e visible algún obxeto ou
situación que non está diante de nós. Nisto a pintura é o arte
que mais lle atrae pois non só trae a nós unha realidade que de
ter lugar diante de nós contaría con tres dimensións, seno que o
fai de forma que prescinde dunha dimensión. O cadro en dúas
dimensión é capaz de conter unha realidade que parece que estaría
fóra do seu alcanze e faina recoñecible e mesmo nos sumerxe nela
para que captemos e entendamos o que hai detrás desta imaxe.
Encontrámonos entonces cun autor que vai atopar na representación
más fiable da natureza un punto de creatividade. Esta fidelidade coa
natureza vainos a proporcionar un coñecemento que trataremos no
punto “A ciencia da arte e o seu abxecto”, pero no que debemos
facer un apunte agora é que pese a que nos atopamos coa antiga
conceptión de arte como imitación pero na que, como nos conta o
mesmo Leonardo no seu Tratado de pintura
o pintor ten a liberdade de convinar algúns rasgos se quere busca un
efecto ou algunha beleza concreta, aínda que neste punto debe ter un
certo coidado.
Bibliografía:
Bibliografía:
- Atalay, Bülen, Las matemáticas y la Mona Lisa, Almuzara, 2008
- Ruiz-Domènec, José Enrique, Leonardo da Vinci o el misterio de la belleza, Barcelona, Ediciones Península, 2005.
- Taterkiewicz, Wladyslaw, Historia de la estética, Madrid, Akal, 1991.
No hay comentarios:
Publicar un comentario