martes, 30 de mayo de 2017

Método experimental de da Vinci. Novas visións dos misterios

 Visión natural, o mais apegada a realidade posible, curiosidade, e incorformismo na tradición que deron coma resultado un dos grandes artistas da Historia. Nunha época e situación xeográfica na que unha grande da producción dos pintores adicábase a unha tradición consolidada en forma e fondo, os misterios de cristianismo.
Esta será una curiosa combinación que acompañará ó noso grande home do renacemento durante toda a súa producción, gustaríame darlle voltas a un par de obras que contan con polo menos dúas versións, por ser dúas obras completamente diferentes ou ben por ser duas versións da mesma obra. Pero antes vexamos que aspectos de Leonardo van a entrar en conflicto con esta tradición relixiosa.
Entre as lecturas de Leonardo cóntanse algúnhas de tradición gnóstica que poderían verse coma instigadores para repensar as lecturas que se fan dos misterios e isto unido a un intento de coñacer mais a través da pintura e a naturalidade que Leonardo vai por nas pinturas posiblemente é o que o impulse a xerar unha nova imaxe dos antigos misterios cristiáns.
Dúas escenas, unha coñecidísima a Anunciación e outra duas versións do mesmo cadro La Virgen de las rocas ambas analizadas no libro de Ruiz-Domenèca quien seguiremos al hablar d estas.
Comencemos por las Anunciaciones y de estas la más dentro da tradición nestas escenas. Esta é unha obra feita en conxunto por Leonardo e Lorenzo de Credi, ambos nesa época discípulos de Verrochio. Esta colaboración da coma resultado un cadro moi parecido os da tradición e ó estilo do mestre, María sumisa ante a nova, axeonllada, e un Gabriel que se somete a sua vez a que vai ser a nai de Deus.



A Anunciación que realiza Leonardo en solitario, entre 1472 e 1478, pese a que presenta una configuración de personaxes moi similar causa unha impresión diferente, non só polo seu estilo alonxado das normas do taller senon tamén pola propia escena, nesta non se narra unha sumisa muller que toma a noticia de ser nai da divinidade coma un cometido. Narrase a historia dunha María que é sorprendida mentres él polo enviado de Deus e que está a recibir unha nova insólita na historia.
Son dúas versións da historia na que unha parece máis acertada co que a realidade podería presentar, pois quen non estaría sorprendida, xa non só da propia nova de ser nai de Deus, senon xa nun primeiro momento da aparición do propio arcanxo?
Leonardo, A Virxe das rocas, Londres
No caso das Virgen de las rocas ten a súa orixe nun encargo da Cofradía da Inmaculada Concepción de Milán, son dúas versións do mesmo cadro, unha que acabaría en París e outra en Londres.
Coecemos coa de Londres, aínda que se trata da segunda versión, pois hai nesta menos que explicar, nesta imaxe o que chama a atención é a ubicación, das tradicionais obras ubicadas, como era razonable no deserto pasa Leonardo a ubicar unha escena da Virxe, o Neno, un pequeño Xoan Bautista e un anxo no medio dunha paisaxe dominada polas rocas. Pese a esta ubicación non parece que se de unha grande colisión coa tradición.

Leonardo, A Virxe das rocas, París
Outra cousa é a primeira versión da obra, mesma composición, mesma ubicación,, case mesmos xestos, pero nótase unh ambiguedade que non se da na tradición, unha Virxe agarimosa que xoga con dous nenos na presenza dun mozo que ten a cara xirada hacia o espectador, sen o título podería ser dificil atopar nesta imaxe mais que a unha nai, sen atributos divinos, entorno e ambiguidade nas figuras que lles engade naturalidade e que camufla a súa natureza divina.

Bibliografía:
  • Ruiz-Domènec, José Enrique, Leonardo da Vinci o el misterio de la belleza, Barcelona, Ediciones Península, 2005.

No hay comentarios:

Publicar un comentario