martes, 30 de mayo de 2017

O debuxo en Leonardo II

Tras a análise da importancia da pintura para Leonardo da Vinci, e da propia forma de proceder da figura que estamos a traballar á hora de pintar, é preciso dedicar unha poucas liñas ao feito de que Leonardo da Vinci non só daba consellos ao respecto da pintura, senón tamén a aqueles aprendices máis novos do oficio.

            De novo observamos o afán e de Leonardo polo uso apropiado das sombras:

            “Muchos son los hombres que tienen afán y amor por la pintura, mas no disposición. Esto observamos en los muchachos, que toda diligencia ignoran y nunca rematan con sombras sus dibujos.”[1]

            E vese tamén o rigor que mantiña Leonardo da Vinci á hora de proceder no eido da pintura. Aínda non era o momento de innovar das formas que coñecemos hoxe, e a pintura comezaba a se articular a si mesma da man deste pintor en cuestión.

            Non deixaba de dar consellos do tipo de pintar acompañado doutras persoas. Con que obxectivo? O de producir e aprender máis, ben tendo un nivel inferior ao dos pintores presentes, ben tendo un nivel superior.

            Tamén indicaba como iniciarse paulatinamente na disciplina da pintura. Asumindo a necesidade de imitar a outros mellores, primeiramente. Logo avanzando da forma correcta paso a paso, aprendendo perspectivas e logo minuciosidade ao respecto do que se quixese debuxar.



[1] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p. 351.

No hay comentarios:

Publicar un comentario