Nin sequera o grande artista e enxeñeiro Leonardo pode con todo,
fracasos coma os do seu prototipo de carro de guerra, demasiado
pesado para poder funcionar, ou as súas máquinas voadoras son
paradigmas coñecidos por todos, probablemente superables se o noso
maior enxeñeiro contase polo menos con materiais mais resistentes e
fontes de enerxia fiables. Pero deixando a un lado os proxectos de
enxeñería que sería necesario recoñecer noutra parte hai na
historia vital de Leonardo un grande fracaso na arte, a estatua
equestre que proxectaba para conmemorar a figura de Franceso Sforza
por mandato do seu fillo Ludovico el Moro.
Tratabase do proxecto dunha obra en bronce da que se tiña feito o
modelo en xeso, ata que a destrucció deste por parte dos franceses
deoixounos só un par de bocetos que non é seguro que pertenceran a
este proxecto.
O que é seguro é que non se trataba dunha obra que seguira a
tradición imposta polos escultores anteriores, as proporcións
coidadosamente estudadas por Leonardo e o seu intento por facer
parecer natura ó cabalo, por otorgarlle unha movilidade que parecía
negada ata o de agora faríalle pensar noutras formas de
representalo. O que xeraba problemas de carácter técnico, no papel
non aparecen as forzas que van querer derrubar un cabalo fundido en
bronce. Pasaráse anos reflexionando ata que o bronce precisouse para
guerrear e quedou sen materia prima, volvía entón á pintura.
Parece que a maioría dos problemas ós que se enfrontou Leonardo,
coma o do cabalo, poderíanse solucionar cuns coñecementos de física
que aínda estaban por atoparse e probarse. Pero despois penso na
arquitectura de Calatrava e pregúntome se intentaría forzar ó
límite os coñecementos como para que a escultura que puidera facer
con estes coñecementos colapsase.
Bibliografía:
Bibliografía:
- Ruiz-Domènec, José Enrique, Leonardo da Vinci o el misterio de la belleza, Barcelona, Ediciones Península, 2005.
No hay comentarios:
Publicar un comentario