martes, 30 de mayo de 2017

A perspectiva natural e a proporción


 Perspectiva natural en Leonardo da Vinci

Leonardo non se adicou a ciencia e a técnica para dominar a natureza: quería aprender da natureza tanto como fora posible. Leonardo le a natureza, esta ábrese ante a súa mirada ávida de coñecemento e de querer acadar a verdade oculta. A pretensión deste autor era a de traballar en harmonía coa natureza, e aprende lendo nela despois dunha observación atenta e perseverante.
Ademais destaca na súa perspectiva natural, a importancia que lle daba a matemática, pero non a abstacta, senón a que é a quintaesencia da natureza mesma. Xunto co neopitagórico Luca Paccioli estudou a matemática sagrada. Para él a mesma razón da natureza exprésase nas proporcións matemáticas. Esas proporcións que considera Leonardo non son soamente nas medidas de lonxitude, superficie e volume, tamén na magnitude dos sons, dos tempos, nos espazos ou en calquera potencia natural. Como na música, cos seus intervalos, en todas as artes (pintura, escultura, arquitectura, etc.), dinos Leonardo, a clave é a proporción que as fai belas. A arte, ademais de ter por fin manifestar a beleza, é un estudo da harmonía intrínseca nela, e ésta, como a ciencia, básase sempre en leis matemáticas. Arte e ciencia convírtense en camiños de indagación da verdade e do perfecto; e fundamentanse no que o xenio florentino considera ser os pilares de todo coñecemento da natureza: a experiencia sensible e o cálculo matemático.

A pintura neste autor implica o estudo das formas naturais, poñendo de relieve a conexión íntima entre a representación artística destas formas e a comprensión intelectual da súa natureza intrínseca e os seus principios subxacentes. Ademais, para él a pintura é a superior das artes. Di dela qie é a arte que mellor expresa o poder plástico da alma humana, tamén é a arte e ciencia das formas, cores e perspectivas. Chega a dicir que quen despreza a pintura non ama nin a filosofía nin a natureza. Cabe dicir, que aínda que a súa filosofía sempre estivo ligada a natureza, as veces entra na metafísica pura, en razoamentos matemáticos intuitivos.

A Leonardo fascináballe a complexidade dos procesos naturais: o inxenio da natureza é maior que o dos deseños humanos. Para él, o xenio humano tiña que rendirse ante a perfección da natureza. Pensaba que aínda que o ser humano pode lograr infinidade de inventos xamias ideará ningún mellor, máis sinxelo e directo que os que fai a natureza, xa que nos seus inventos non falta nada e nada é superfluo.


A proporción en Leonardo da Vinci


A súa obra O home de Vitruvio representa as proporcións que podían establecerse no corpo humano. Para Leonardo o ser humano era o modelo do universo e o máis importante era vincular o que descubría no interior do corpo humano co que observaba na natureza.
Para realizar o debuxo basouse nun texto contido no libro De architectura do arquitecto romano Marco Vitruvio Polion. No texto, Vitruvio menciona diversas proporcións presentes no corpo humano, posiblemente basadas en canons gregos. Leonardo usou as proporcións de Vitruvio, as que lles fixo alguns engadidos e correcións para debuxar o seu Home de Vitruvio.
Leonardo represéntase a sí mesmo desnudo e en dúas posicións sobreimpresas de brazos e pernas e inscrito nun círculo e nun cadrado, deste xeito está a realizar unha visión do home como centro do Universo. O cadrado é a base do clásico: o módulo do cadrado emprégase en toda a arquitectura clásica, o uso do ángulo de 90º e a simetría son bases grecolatinas da arquitectura. Nel realízase un estudo anatómico buscando a proporcionalidade do corpo humano, o canon clásico e o ideal de beleza.


Examinando o debuxo, pode notarse que a combinación das posicións dos brazos e pernas crea realmente dezaseis posicións distintas. A posición cos brazos en cruz e os pés xuntos vese inscrita no cadrado sobreimpreso. Por outra parte, a posición superior dos brazos e as dúas pernas vese inscrita no círculo sobreimpreso. Esto ilustra o principio de que no cambio entre as dúas posicións, o centro aparente da figura parece moverse, pero en realidade o ombligo da figura, que é o centro de masas verdadeiro, permanece inmóvil. O Home de Vitruvio pódese dicir que encaixa na proporción aúrea ou divina proporción. A proporción aúrea é un número irracional representado pola letra grega phi. A proporción aúrea está en todas partes:
1. No corpo humano. Resulta que o cociente entre a altura dunha persoa e a distancia do ombligo a punta da man é o número aúreo. Tamén se se divide a altura total dun home entre a distancia do ombligo aos pés obteremos o número áureo.




2. Nas artes plásticas. Os gregos xa coñecian esta proporción e utilizábana nos deseños arquitectónicos e ecultóricos. Unha das construccións máis famosas nas que se empregou é o Partenón.

3. Na música. En varias sonatas para piano de Mozart, a proporción entre o desarrollo do tema e a súa introdución é a máis próxima posible a razón aúrea. Tamén Beethoven empregou esta proprción nas súas sinfonías.

4. Nas matemáticas. O número de ouro ou proporción aúrea está presente en todos os obxetos xeométricos regulares ou semiregulares nos que haxa simetría pentagonal, que sexan pentágonos ou que apareza dalgunha maneira a raíz cadrada de cinco.



5. Na natureza. Hai moitos elementos relacionados coa sección aúrea ou a secuencia de Fibonacci que teñen unha grande similitude. A disposición dos pétalos das flores, a cantidade de espirais dunha piña, etc.

                                          


En definitiva, a proporción para Leonardo eríxese nun pilar fundamental sobre o que cimenta as súas obras e o seu pensamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario