martes, 30 de mayo de 2017

O debuxo en Leonardo I

Tras as consideracións introdutorias da man de Tatarkiewicz, remítome agora ao que se pode extraer do propio Tratado de pintura de Leonardo da Vinci.

            O Tratado de pintura é un volumen de carácter teórico. No correspondente á pintura indica, paso a paso, cuestións que o propio Leonardo considera de vital importancia de cara o desempeño de dita labor artística.


            Primeiramente fai unha digresión sobre as sombras e a luz e sobre como interactúan unhas cas outras, así como cos obxectos. Aquí traemos algúns dos aspectos que plasma máis relevantes ou curiosos, e intentamos relacionalos con exemplos de obras súas.

Para Leonardo, as sombras eran de tremenda importancia. Os argumentos que dá teñen sentido; os corpos adquiren volumen en función dunhas sombras e luces determinadas. E un dato curioso é que distingue varios tipos de luz, concretamente fala “De los tres géneros que iluminan cuerpos opacos[1].

            Temos así o caso da luz particular (“(…) así el sol o alguna otra luz de ventana o de fuego (…)”[2]), o caso da luz universal (“(…) tal como ocurre los días nubosos o con niebla y cosas tales (…)[3] ) e a luz composta (“ (…) cuando al alba o al ocaso el sol está oculto bajo el horizonte.[4]).
            Leonardo dedica distintos apartados a indicar, de forma teórica e valéndose de esquemas, como se comportan a luz e as sombras e como interactúan entre elas e cos corpos. Así establece os cimentos do que destaca máis ao respecto del: a pintura.

            Respecto dela ten que dicir, tamén. E neste caso xa afonda en certas consideracións ao respecto da cor:

            “Un objeto pintado en blanco o en negro parecerá de más afortunado relieve que ningún otro. Mas te recuerdo, pintor, que vistas tus figuras de los colores más claros que puedas, porque si las pintas de color oscuro serán de poco relieve y evidencia desde lejos. La razón es que las sombras de todas las cosas son oscuras. Y si tú pintas una veste oscura, poca variedad tendrá de luces y sombras, en tanto que si la pintas de colores, grande será su variedad.[5]

Esta é unha copia da Gioconda, presumiblemente feita por un aprendiz de da Vinci que se atopa no Museo do Prado. Tróuxena a este punto da entrada porque axuda a ver o indicado na cita superior, sobre todo con respecto ao uso de cores claras e máis vivas. Máis adiante emprego a imaxe da Gioconda orixinal, para evidenciar o uso de sombras na lonxanía, na que se poderá comprobar a tese de Leonardo ao respecto das cores mási escuras e da súa relación coas sombras.


            E resulta curioso que incluso hai anotacións ao respecto de opinións alleas en relación á pintura que o propio Leonardo rebate:

            “ADVERSARIO

            Tanta es la variedad de colores en las sombras cuanta la variedad de colores de las cosas ensombrecidas.

            RESPUESTA

            Los colores emplazados entre sombras mostrarán entre sí tanta menor variedad cuanto más oscuras sean las sombras entre las que estén emplazados. Esto testimonian quienes desde las plazas miran más allá de las puertas de los templos sombríos, donde las pinturas, vestidas de varios colores, parecen todas vestidas de tienieblas.
            Conque resulta que, a una considerable distancia, las sombras de los distintos colores parecen todas de una misma oscuridad.
            En los cuerpos vestidos de luz y sombra, la cara iluminada descubre su verdadero color.[6]

            Analiza as cores tamén en función da súa proximidade ou lonxanía, constatando como variarían, e plasmándoo nas súas pinturas. Alude, por exemplo, á cor azul que porta o aire e  ao feito de que os bordes adoitan ser difusos canto máis lonxe se atopen:

            “De lejos, todos los contorno resultan indicernibles y en sombras, pues el cuerpo que no es alcanzado por la luz más intensa es incapaz de transmitir su imagen al ojo a través de un aire más luminoso que él mismo.”[7]

La virgen, el niño Jesús y santa Ana, Neste cadro pódese observar perfectamente o seu postulado ao respecto da cor azulada do aire que, neste caso, se dilúe pouco a pouco na distancia.


Ao respecto do cadro máis afamado de da Vinci, a Gioconda, podemos observar a súa tese respecto do difuso dos bordes na lonxanía.




[1] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p.166.
[2] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p.166.
[3] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p.166.
[4] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p.166.
[5] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p. 253.

[6] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p. 254.
[7] DA VINCI, Leonardo, Tratado de pintura, Madrid, Akal, 1986, p. 262.

No hay comentarios:

Publicar un comentario