martes, 30 de mayo de 2017

O Canon na elaboración da arte. A ciencia da arte e o seu obxecto

 Leonardo será un científico antes da propia creación oficial da ciencia. Ruiz-Domènec fálanos no sey Leonardo da Vinci, de que un pintor do século xv debía ser instruído según a «scientia», Leonardo atoparía da man nesta «scientia» unha forma de dominar un inxenio como o seu e o poder de encauzarlo cara unha meta específica, unha disciplina.
Para a arte entonces atopámonos con que Leonardo está aprendendo que as cousas deben ir acordea a un método específico que permita así o total desenvolvemento da arte. Así como estivo desenvolvendo un método que lle permitira dar un cauce ó seu talento no terreo da arte también se vai a dedicar a buscar o coñecemento.
Esta búsqueda do coñecemento lévao a observación de todo o que ten a mán, a observación de paisaxes, de seres vivos, o movemento dos mesmos que se reflictirá na súa pintura dándolle en ocasións unha naturalidade inusitada ás súas figuras.
Leonardo, Estudo da paisaxe toscana
En Leonardo arte e ciencia únense para non separarse, para él non haberá unha diferencia esencial entre a ciencia e a arte. O coñecemento nace en cada unha da mesma maneira, unindo a teoría coa práctica. Para o noso autor só podemos ter un coñecemento certo cando nos atopamos coa unión da experiencia directa, pois só podemos ter coñecemento do que percibimos, os métodos analíticos non dan conta da realidade como pretenden facernos pensar, non lle valería o solipsismo no que se pechou a dudar Descartes. Pero esta experiencia debe estar tamen mediada polas matemáticas xa que pese a que adquirimos coñecemento do contacto directo coas cousas estas impresións non son infalibles e aínda poden levarnos a cometer erros.
Se a experiencia directa é unha forma de coñecer non resulta extraño que a arte, en particular a pintura, parecéralle unha forma de adquirir coñecemento, unha forma de xerar o coñecemento sobre o mundo visible, obtemos unha imaxe estática dunha realidade, se a esto engadímoslle o coñecemento para xerar unha sensación de movemento, isto froito da propia investigación de Leonardo.
As ciencias e as artes son entón formas de coñecemento, idea que non resulta nova, pero que toma un caríz moito más profundo en Leonardo, que se adicará a exploración plástica do mundo sen descoidar a a ciencia. Buscará non só converterse en pintor, como bó personaxe renacentista trátase dunha persoa totalmente polifacética.


Na carta que envía a Ludovico Sforza, apodado o Moro, atopámonos cunha lista case completa de actividades que realizará e que se dispón a por a disposición da corte dos Sforza: enxeñeiro militar, arquitecto e por último artista. Lista mais mediada polas circunnstancias da época que polo afecto que Leonardo puidera ter polas habilidades que se poñen de manifesto nesta.
Bibliografía:

  • Atalay, Bülen, Las matemáticas y la Mona Lisa, Almuzara, 2008
  • Da Vinci, Cuaderno, Bercelona, Edición S.L.,2005
  • Ruiz-Domènec, José Enrique, Leonardo da Vinci o el misterio de la belleza, Barcelona, Ediciones Península, 2005.
  • Taterkiewicz, Wladyslaw, Historia de la estética, Madrid, Akal, 1991.

No hay comentarios:

Publicar un comentario