martes, 30 de mayo de 2017

O Canon na elaboración da arte. O belo e o feo

 Como ciencia o arte ten que ter un obxecto específico que a invite a desenvolverse. Neste caso poderíamos presupoñer que se trataría da beleza, pois é o obxecto que teóricamente debería corresponder á arte, a búsqueda da beleza. Estaríamos equivocados.
Leonardo, Cabeza de perfil dun home vello
Se collemos as obras pictóricas rematadas de Leonardo resulta patente que a beleza é un valor fundamental, pero se vamos mais aló, se buscámolos seus bosquexos atopámonos con que hai un grande interese, non pola beleza, senon polas faccións extremas, pola fealdade. A estas altura hai que comprender o gusto que na época naceu en torno a fisiognomía, para esto Laonardo debuxaba persoas caricaturizadas.
Leonardo estába seguro de que a arte dos retratos non só consistía en facer ver a imaxe dos individuos senon tamen en transportar parte do seu carácter á pintura, para isto vai investigar, como non podía ser doutra maneira, a relación que se creía existente entre as facciónes e o carácter. Resulta patente entonces que pese aá beleza das súas pinturas Leonardo non a perseguía como único obxeto da arte.
Leonardo, cabeza grotesca
En realidade o obxetivo que para él ten a arte non é outro que o de coñecer e reproducir a Natureza, para isto sérvelle de paradigma a pintura, mais que outras artes. De feito hai artes que considera aptas para a adquisición do coñecemento e outras que non lle parecen que sexan útiles para eso, nesta posición atoparíase a poesía que tería de coñecemento o que extrae de outras ciencias, formada por só palabras non podería dicir nada do mundo que non estivera reflectido noutras ciencias.
O obxeto da arte non é entón a beleza, de feito se acudimos o Tratado de pintura atopámonos con un fragmento que dí así: “no siempre es bueno lo bello. Y digo esto por los pintores que aman tanto la belleza de los colores que, no sin gran consciencia, hacen esas sombras debilísimas, no estimando en nada su relieve.” Como podemos observar a persecución duna beleza pode chegar a deixar un cadro sin posibilidad de ser verdaderamente belo.

A beleza non é un concepto frecuente nos escritos de da Vinci, pero ó que si que atopamos son consideracións polas interaccións que realizan as cores entre ellas mesmas, as formas e os fondos..., consideracións mais técnicas ás que Leonardo parece que deu maior importancia que ós pintores anteriores. Os fenómenos que se xeran no Mundo Visible, ó mesmo que os xeolóxicos, están para Leonardo suxeitos a regras, como toda creación da Natureza.
Bibliografía:
  • Da Vinci, Cuaderno, Bercelona, Edición S.L.,2005
  • Ruiz-Domènec, José Enrique, Leonardo da Vinci o el misterio de la belleza, Barcelona, Ediciones Península, 2005.
  • Taterkiewicz, Wladyslaw, Historia de la estética, Madrid, Akal, 1991.

No hay comentarios:

Publicar un comentario