Chegados a este apartado, é momento de abordar a Leonardo da
Vinci dende o eido dos seus debuxos e pintura.
Esta
primeira aproximación dase a partir do escrito por Tatarkiewicz en History of Aesthetics. Volume 3. Modern Aesthetics. E inicio este apartado cunha cita que considero moi ilustrativa, mais á que considero que é necesario facer certa crítica, de cara a percibir moito mellor as aristas do pintor que estamos a traballar.
![]() |
| Wladyslaw Tatarkiewicz |
Deste xeito,
cómpre comezar indicando que Leonardo consideraba a pintura como a forma máis
elevada da arte. “The objective of art is the cognition of the visible world”[1].
Así se indica ao respecto
de da Vinci neste volume e resulta un fragmento idóneo para a apertura do
contido que estamos a presentar. É idóneo porque resulta unha sentencia
lapidaria ao respecto da apreciación da arte. Ben sei que este apartado está
dedicado, precisamente, ao debuxo e á pintura, a formas da arte de carácter
visual, mais isto non quita que non poidamos
indicar problemas ao respecto de determinadas aseveracións.
Está claro
que Leonardo da Vinci destacou enormemente en moitos ámbitos, e no da pintura
non foi menos, sobre todo para o tempo no que viviu, mais aseverar o indicado
na cita superior é ir un paso máis alá. Non sei ata que punto se debe estar de
acordo con esa cita. Pódese abordar, entón, con dous tipos de ollos, ollos que
o vexan dende o momento histórico no que viviu Leonardo, e a nosa mirada actual. Está claro que, de cara os tempos nos
que viviu o pintor que estamos a tratar, a aseveración non resulta tan grave. É
máis, resulta digna de consideración, debido ao novo enfoque que conseguiu dar
á pintura. Porén, aseverar algo como o indicado nos nosos días é
algo de carácter, canto mínimo, incómodo.
Ben sei a
gran variedade de sensacións e de impresión que pode causar a pintura. Porén,
iso implica un suxeito que sexa quen de apreciala. E non todxs podemos facer
tal cousa, por múltiples motivos, sendo o primeiro, de carácter fisiolóxico:
non todos posuímos vista. Dese xeito, considero pouco apropiado priorizar unas
artes sobre outras; implicarían determinar un canon de suxeito para a súa apreciación, algo complexo e
discriminatorio.
[1] TATARKIEWICZ,
Wladyslaw, History of Aesthetics. Volume 3. Modern Aesthetics, England,
Thoemmes Press, 1974, p. 127.

No hay comentarios:
Publicar un comentario